O rexurdir de John Balan



A cita será ás oito da tarde e ten como prato forte a actuación do protagonista. Aínda que as súas cualidades xa non son as que eran debido a trombose que sufriu, John Balan pensa subir ao escenario e deleitar aos seus amigos e admiradores co seu humor e a súa presenza. O discurso estará cheo de cariño e vai ser unha sorpresa para os asistentes á homenaxe. O que si desvelou foi o atuendo: sombreiro texano, cordón ao pescozo ao estilo vaqueiro e un cinto coas iniciais de USA. De novo, Balan vaise vestir do americano que lle deu tanto éxito.

O artista comezou a cultivar a súa habilidade coa gorxa en Seixo, lugar onde naceu hai 71 anos. Alí corría polas cunetas imitando o son do trole ao pasar e asustando aos que camiñaban pola beira da estrada. Balan nunca fora a Marín e a primeira vez que o fixo levouno un home para que actuase nun bar. A partir de entón a súa sona extendeuse por Pontevedra e arredores. Chegou a actuar por Galicia e mesmo por toda España cun éxito do que ninguén dubidaba. Este veterano recorda como, a maioría das veces, «tiña que repetir a súa actuación porque o público non deixaba de berrar: ¡otra, otra!»

Un dos seus números televisivos foi a grabalo a Manhattan, onde amosou os seus coñecementos de inglés aprendido na base militar de Rota. A pesar dos seus anos, Balan sorprende cun discurso áxil e interesante en castelán, galego ou mesmo en inglés; segundo a súas palabras: «falar ben non é ningún mérito, falar fala calquera».

O seu nome de nacemento é Manuel Balán pero segundo el «en carteis sonaba moi probe», polo que decidiu cambialo polo de John Balan. Con este nome actuou en reunións de amigos, palcos de festas e en platós de televisión. Era un habitual da TVG e chegou ao programa de TVE de José María Iñigo. Aínda que percorreu medio mundo di que non tivo os representantes adoitados e os seus cartos marcharon por onde viñeron. «Cos anos dinme de conta de que precisaba un representante que me levara a Sudamérica e que me promocionara ben, pero o que me xestionaba non o soubo facer», di o artista. Balan tamén recoñece que despois das actuacións, de acadar o éxito nas viaxes e gañar cartos, «quedábame moi bo sabor de boca e sempre quería voltar a Pontevedra». O artista é un home moi ligado coa súa terra, Seixo, onde lle gustaría voltar máis a miúdo para poder «atopar aos coñecidos e poder recordar vellos tempos e contar uns chistes», asegura.

Balan lembra a época na que podía cantar, imitar aos americanos e contar chistes. Agora recupérase lentamente dunha trombose que lle paralizou medio corpo e acabou coa súas habilidades fonético-farínxeas. O físico impídelle levar unha vida normal pero a cabeza loita por voltar a aquela etapa.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Por qué cuando sacas noticias de, por ejemplo, La Voz de Galicia, como es el caso de esta, nunca citas la fuente???? Lo has hecho en múltiples ocasiones y eso es USURPAR.

Sísar dijo...

Cuando publico noticias de otro medios siempre las pongo en color gris. Luego en negro iría mi aportación.
No suelo poner casi nunca las fuentes porque muchas veces cojo un poco de aquí y otro de allá. ¿Aclarado?

Anónimo dijo...

Ea ea ea, cesar se cabrea

Anónimo dijo...

"Un poco de aquí y un poco de allá"....así quedan!!!