La realidad de la nueva oferta de empleo público. INVESTIGACIÓN

Oposicións á carta para facer fixos aos contratados polo Bipartito. Documento realizado por la oposición de Galicia que me han hecho llegar
As 1.430 prazas de persoal laboral incluídas na oferta pública de emprego da Xunta de Galicia para 2008 que foron xustificadas oficialmente como un instrumento de estabilización do persoal da Xunta agochan, en realidade, unha manobra do Goberno bipartito para convocar unhas oposicións á carta que lle permitan colocar e facer fixo ao persoal contratado por este Executivo.

Aínda que se trata dunha Oferta Pública de Emprego –aberta a todos os cidadáns que queiran presentarse-, na práctica, as 1.430 prazas ofrecidas para persoal laboral estarán vetadas para os milleiros de opositores que levan tempo preparando estas probas

En realidade, os opositores alleos á Administración –que para presentarse deberán aboar unhas taxas elevadas que servirán para financiar á Administración autonómica- serán eliminados por non dispoñer dos méritos cos que contan as persoas contratadas pola Xunta, que elevarán con estes méritos a puntuación final.

O máis sorprendente desta oferta é que o lote de preto de 1.500 prazas de persoal laboral están destinadas á “estabilización” de traballadores contratados polo actual Goberno cunha antigüidade posterior ao ano 2005.
Curiosamente os traballadores da Xunta con contratos temporais de antigüidade comprendida entre 1998 e 2005 non disporán das mesmas facilidades, xa que o concurso oposición para este colectivo non se convocará ata 2009.

Con esta convocatoria, a Xunta recoñece implicitamente que efectuou contratacións a dedo, que agora quere consolidar con “présa” antes de que remate a actual lexislatura, polo risco de que os actuais socios do bipartito perdan as próximas Eleccións ao Parlamento de Galicia.

Coa suposta diminución da temporalidade á que fai referencia o Goberno galego, a Xunta trata tamén de camuflar ao milleiros de contratos temporais que está a afectar a través de Seaga e do Consorcio de Servizos Sociais. Isto explica tamén o silencio cómplice do BNG ante a tropelía que se dispoñen a cometer Touriño e Méndez Romeu.

A cacicada para facer fixos a 1.500 contratados polo bipartito é cometida polo mesmo Executivo que prometeu reducir os altos cargos e o persoal de confianza, pero que en tres anos incrementou nun 30% os gastos en asesores. Trátase do mesmo Goberno que prometeu reducir as libres designacións, pero que tan só nos dous últimos anos convocou 890 postos de libre designación que tamén se dispón a consolidar a pesar de ter sido elixidos discrecionalmente

Subliñar o engano ao que a Xunta está a someter ao conxunto dos opositores de Galicia xa que aínda que o Goberno anuncia que a oferta de emprego público de 2008 é de 3.250 prazas, o certo é que so ó 10% (unha 330) son de acceso libre. O 90% restante están reservadas para procesos de consolidación, estabilización ou promoción interna para traballadores que xa están a servizo da Administración neste momento

1 comentarios:

Anónimo dijo...

nunha monarquia que esperabas, que a xente mellore polos seus méritos persoais'