Artigo publicado por Xesús López no seu blogue.
Levo días fotografiando a sinfonía de colorido dos liquidámbares da praza da Verdura, da traicionada praza da Feira Vella, algo sobre o que me teño pronunciado en diversas ocasiós, dende a súa reconfiguración polo arquitecto ideólogo do urbanismo talibán do Concello.
A xente queda mesmo sorprendida pola presencia desas árbores. O que moitos non saben ou esqueceron é que, como aconteceu agora no Campillo e xardíns de Santa María, o arboricidio é un dos sinales de identidade do estalinismo local.
Cando cortaron as catalpas e arrasaron a vella praza, escenario pra algunhas das secuencias da serie de "Los Gozos y las Sombras", según a obra de Torrente Ballester, home que, no seu día, quedara gratamente sorprendido pola intelixente restauración da vella praza e a conformación nela dun bosco urbán de catalpas.
Cortáda-las árbores, eliminádo-los bancos, conformado un novo e horrendo chan en costa, os galizos non querían álí nova presencia vexetal, matinado o espacio prás súas bullas e posibles concentraciós, mesmo prás arengas dende a balconada da Casa da Luz, algo xa daquela presentido e denunciado por medio dunha protesta veciñal, 1188 asinaturas que reclamaban os bancos de pedra, aínda sen repoñere, e as catalpas ou árbores de parecida porte. Como consecuencia desa actuación, o BNG perdeu mil votos na zona vella, daquela.
Prantaron alí dez varas: catro cerdeiras e seis liquidámbares que, pouco a pouco, foron parcheando o desastre urbanístico configurado polo arquitecto ideólogo do equipo de goberno local, que aínda ousou decir que por el non se reporían as árbores.
I este que escribe, redactor e asinante do escrito de protesta, nas súas conversas con Jesús Asier Fole Osorio, arquitecto ó servicio do réxime local, argumentou sobre a posible reconfiguración do espacio por medio da prantación de liquidámbares.
Pra eso lle regalou ó dito arquiteuto un libro titulado "All about Trees", da colección de Ortho Books, no que aparecían diversas estampas de enclaves botánicos, en urbes, manifestando o ideólogo, aínda que mentise, a súa preferencia pola imaxe que presentaba ó liquidámbar como ornamento urbán. É decir, o que agora mellora o aspecto da praza da Verdura, alén da horterada do terraceo como "nova economía" estalinista.
Unha das querencias do equipo de goberno local, da man do correspondente Gran Irmán, [realmente houbo dous], foi a de conformaren, á par que se cargaban o tecido económico da zona vella, as prazas típicas como espacios da súa nova economía de ruínas: o rastro e algunha que outra feira. Nunha palabra, miseria.
Pero esta Feira d´Outono que cerrou onte é unha demostración acertada que achega ó curioso algús dos productos que nos ofrece o Outono. Autóctonos ou non, porque algús, aínda que expostos en trabancas improvisadas, son productos elaborados. Pero sí ten un certo valor a elaboración de filloas, a venta de noces ou de productos procedentes da matanza do porco, que xa tivo o seu Sanmartiño.
Como reza outro refrán, "Polo Sanmartiño, trompos ó camiño", un artesán elaboraba ese tipo de enredo, nun torno, á vista da rapazada; outros nenos tomaron parte dun obradoiro na elaboración de cestos de bimbio; os augardenteiros tiñan alí montada a súa alquitara, alambique, estiladeira ou pota, prá elaboración de diversos augardentes.
A xente parecía contenta, incluso algún galizo por alí solto, entendo que pola sinfonía coral dos liquidámbares que, pró conocedor do lugar, non cobren as vellas cicatrices, o roubo do patrimonio urbán. Pra eso fai falla outro equipo de goberno. E outro arquitecto.
4 comentarios:
Hola, César:
Celebro que che gustara este traballo, pero ten en conta que se titula "A Feira d´Outono".
Antes d´entrare no teu blog topeino en "Planeta Pontevedra".
Un cordial saúdo, Xesús.
Correxido Xesús, Graciñas.
SIEMPRE DIJE QUE ESTA PLAZA TAL COMO ESTABA ERA DIFERENTE SOMBRIA EN MEDIO DE LA CIUDAD, TENÏA ALGO; AHORA ES UNA PLAZA NORMAL.
AGORA É UN EIRADO CARALLUDO, CHEO DE XENTE, QUÉ CARALLO!
OS DO PP ESTÁN RESENTIDOS PORQUE EN TODOS ESTES ANOS NON CONSEGUIRON DARLLE ESTE PULO DE MODERNIDADE Ó CASCO VELLO.
Publicar un comentario