El blog de Jacobo de Moreira

Hay formas y formas de entender la política, de servicio a todos los ciudadanos o de instrumento para mantenerse en el poder. Un ejemplo de servicio es Jacobo Moreira al que tengo el gusto de conocer personalmente y que representa a la nueva ornada de políticos nacidos en democracia, a esa Generación X que quizá sea la más preparada de todas.

Recuerdo, querido Jacobo, una intervención tuya en un Pleno en donde preguntabas al Alcalde Lores si la oposición podía aparecer también en la
web del Concello. Desconozco si desde aquella hubo respuesta, pero a la vista de tu recién inaugurado blog me da la sensación de que no.

Y es que me molesta en demasía que en esta ciudad se haya llegado al extremo de tener que preguntar por cuestiones semejantes en un Pleno.

Si es la web del Concello de Pontevedra, que está formada por tres grupos políticos que representan a toda la ciudadanía, debieran aparecer las labores de todos. Es Ley, Derecho, sentido común o como se le quiera llamar. Lores respondió a tu pregunta con un "hai que velo" dejando claramente diferenciado cómo entienden algunos la política: servicio o instrumento.

Por eso me alegro de que hayas abierto un espacio en la blogoesfera pontevedresa para acercarnos las cosas que el bipartito, desde la web del Concello, no cuenta. Y en esta línea creo que viene a la perfección una entrada publicada en el blog de Jacobo titulada Oposición molesta que os dejo a continuación.

No derradeiro pleno do ano pasado do Concello de Pontevedra aprobouse unha modificación do Regulamento Orgánico do Pleno. Pero ó contrario do que sucedera no ano 2005 -no que se aprobara o Regulamento por unanimidade dos 25 concelleiros da Corporación- esta vez a modificación recibiu soamente o voto a favor de 13 de eles. Foi imposta polo grupo de goberno sen tan sequera ter ofrecido negociación ou pacto algún ó PP.

Relendo as actas dos Plenos do ano 2005 pregúntase un cal pode ser o motivo para que cambiaran tanto as cousas dende entón; naquelas actas un concelleiro do BNG felicitaba á Corporación polo consenso acadado en torno ó texto definitivo, así como polo arduo traballo que desenrolaran todos os grupos na busca do mellor texto para todos.

Segundo o texto aprobado no 2005, os debates serían sempre pechados polo grupo maioritario. O espírito desta redacción baseábase en que se da sempre por suposto que quen goberna é o grupo máis votado.

Pero resulta que nas últimas eleccións municipais o partido máis votado foi o Partido Popular, quedando a un só concelleiro da maioría absoluta. Porén, o pacto das minorías deulle de novo a alcaldía ó Señor Fernández Lores, que conta tan so con 7 dos 25 concelleiros.

Sen embargo, o Regulamento seguía establecendo que os debates nos Plenos os pechaba o grupo máis votado. Iso significaba que o PP pecharía sempre os debates por dereito propio. Velaí un problema para o alcalde!

A firmeza do PP esixindo o cumprimento do Regulamento xerou un gran desconcerto e incomodidade nas filas do goberno, posto que o feito de que sexa a oposición quen peche os debates quítalle empaque e autoridade ó grupo de goberno. Era esa unha eiva coa que non contaban.

¿Cal foi a solución?, pois moi sinxelo: se non che resulta cómodo un Regulamento, o modificas ó teu gusto. E así foi, pasouse o "rodillo das minorías" e punto pelota.

Mágoa que non se acordaran de aproveitar o trámite para introducir no Regulamento outras melloras demandadas pola oposición, como por exemplo o debate sobre o estado do Concello.

Pero non parou aí a cousa. Outro punto do Regulamento establecía que nos turnos de preguntas ó goberno, unha vez respostadas permitíase unha intervención de dous minutos a quen pregunta para valorar a resposta. Pois ben, tamén o exercicio de este dereito provocou que D. Guillerme Vázquez se revolvera indignado dende o seu asento, afirmando que si era certo o que o Regulamento dicía, habería que modificalo. Meu dito, meu feito: tamén eliminaron do Regulamento calquera posibilidade de intervención despois da resposta.

Este é o talante do goberno de progreso: Non se permite disentir, e menos en público, nun Pleno.

http://jacobomoreira.blogspot.com/

0 comentarios: