O Blog de Xesús López

Muy pocas veces encuentra uno blogs que hablen alto y claro sobre nuestra ciudad, ajenos a todo partidismo. Hoy me he topado con uno de ellos O Blog de Xesús López en el que cuelga todos los artículos que realiza para diversos medios como El Diario de Pontevedra y sube los anteriores a su inicio en el mundo de los blogs para disfrute de sus lectores.

Para abrir boca os dejo con un artículo que me ha gustado mucho sobre la problématica de ENCE publicado en O Xornal y
Diario:
A agresión continúa

Pró 25 de Abril está prevista unha nova manifestación contra Ence, que xa está en fase promocional: pancartas, pegadas, charlas…. Fai agora oito días que estivo en Pontevedra, nun acto organizado no Teatro Principal, Xosé Manoel Beiras, que comparteu estrado con García Legísima e Daniel Soutullo, da APDR, que desta volta foi presentador do acto, concurrido, interesado o público en saber máis da famosa "autorización ambiental integrada" que Ence está a solicitar xa fóra de prazo. n

A lección de Beiras foi amena, sobre todo cando falou das industrias de enclave, as que se montan no terceiro mundo, ou na periferia, á procura de materias primas i enerxía, non pra creare riqueza; pola contra, no caso da fábrica de Lourizán, xunto con outras actuaciós torpes, arrasaron aquel medio sensible, coa acuicultura do ecosistema, co capital natural e a trama social creada en torno á riqueza de marisco da zona.

Beiras, que calificou os anos de goberno de Fraga de peste, talvez careza nestos momentos de certa información, porque o andacio continúa, se ben os protagonistas son, agora, outros políticos. Certo canto dixo ó denuncia-la deshonesta repoboación da nosa terra con eucaliptus consecuentemente á presencia nas Marismas de Lourizán da fábrica de celulosas, que nunca cumpreu coas condiciós da concesión do 1958; interesante a súa visión de que, nun futuro inmediato, as fábricas de papel han ter como matería prima, como xa acontece en moitos sitios, papel usado ou ben algún tipo de palla, que non madeira. Efectivamente, como que tamén existen fábricas que recirculan a auga, a depuran e a retoman novamente. Hainas incluso que se valen da auga residual das cidades, depurada. Pero houbo algo que non me gustou do discurso de Beiras: como a insistencia na desaparición de Ence porque por ese espacio podería marcha-lo corredor Pontevedra-Bueu. É decir, non falou da posible recuperación do capital natural, da rexeneración do lugar que deberá face-la empresa no momento no que se estime que xa non dispón de concesión.

Algo de inxenuidade sí houbo no discurso e tamén resulta incomprensible que, nunha actuación máis global, na idea de recupera-la ría, non se barallen orzamentos serios e se actúe según os dictados da Axenda21Local, con férrea decisión política de atrica-lo proceso de degradación. Dende o concello queren impulsa-la construcción dun gran nudo en Mollabao, siniestro total; o proiecto da ponte das Correntes, outra agresión e, curiosamente, a que queren construir, con dous ou catro carrís, nos salós do Lérez, nun espacio que ten a protección máxima, parece un disparate, especie de contubernio pactado polo BNG e mái-lo PP. Algunha agrupación ecoloxista sí se está a mover na dirección necesaria, pero son moitos os pontevedreses que non comprenderon que a depuradora d´Os Praceres precisa igualmente de "autorización ambiental integrada" e que podería ser considerada unha actuación delictiva das tres Administraciós, á vista das normas do Raminp ou da Lei de Costas [ar.44.6].

No seu discurso, Beiras perdeuse despois de ter falado do compromiso pró cerre de Ence pactado polas dúas forzas cogobernantes en Galicia, se ben puxo en solfa o papel do PSOE cando falou dos presuntos acordos da cabeceira de Stolt Sea Farm coa fontanería do partido. Pero quixo salva-lo papel do Bloque, "que brindou unha solución ó caso Ence por medio do seu traslado a Meaño ou por aí….". Non. A solución que brindaba o Bloque era a de traslada-la fábrica ó polígono de Barro-Meis. Forneceríase de auga do Pontillón do Castro. Financiaríase o traslado coas plusvalías que se xeraran a partir da promoción de vivendas nas Marismas de Lourizán, adscritas como solar á Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra. Ademáis, a fábrica seguiría a verter á ría de Pontevedra. Un insulto, outra actuación desgraciada como algunhas que se están dando á contra do PXOM: o nudo de Mollabao e as pontes citadas, que son unha clara evidencia de que a agresión continúa.

0 comentarios: