Brillante discurso de Alberto Núñez Feijoo en el Panteón de Gallegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval, del que me quier hacer eco por su claridad y perfecta armonía de un sentimiento galeguista abierto al mundo.
Galicia ten, como poucas outras culturas, un Panteón que honra a Memoria das persoas que máis contribuiron a súa grandeza. Un Panteón, que, como tantas outras cousas boas, foi promovido polos rexionalistas galegos a finais do século XIX, para que en palabras dun deles, os galegos poidésemos atopar "en su vida la pasada grandeza de nuestra patria" e pedirlles "inspiraciones para nuestro presente y nuestro porvenir".
Evidentemente, á diferenza do que acontece na famosa abadía benedictina de Westminster, non están todos os que son. E aproveito a ocasión para unirme con entusiasmo á proposta do Presidente da Real Academia Galega: na nosa dominica abadía de Bonaval deberían estar máis, se non físicamente, alomenos simbólicamente. Como o propio Presidente da Real Academia escribíu, eiqui debe haber unha representación de todas as galegas e todos os galegos ilustres, con independencia de que a súa ideoloxía os levara a traballar pola terra desde tincheiras distintas e mesmo enfrontadas.
Pero, como en Westminster, si son todos os que están. Eiquí foron traidos a finais do século XIX os restos de Rosalía, gloria da súa patria", porque fixo universal á nosa lingua escribindo a mellor da súa poesía nas súas dúas linguas propias, o galego e o castelán. Eiquí xace Brañas, "bo cristiano, agarimo da terra e mestre da Escola compostelana", que loitou pola autonomía de Galicia dentro da unidade de España. Eiqui foron trasladados, en tempos máis recentes, os restos do gran Ramón Cabanillas, e soterrados os do mestre Asorey, que foron quen de esculpir o noso carácter cos seus poemas e coas súas esculturas. Eiquí foron traidos os restos mortais do ilustrado xeógrafo Domingo Fontán, autor do primeiro mapa científico de Galicia. Eiquí reposa, por fin na súa terra, como símbolo da reconciliación en torno as nosas institucións democráticas e autonómicas, o corpo de Daniel Rodríguez Castelao, que representa á xeración que nos deu o noso primeiro Estatuto de Autonomía, berce dunha mellor integración da nosa nacionalidade histórica na que el denominaba "Hespaña", con "H", para distinguila da España unitaria e centralizadora que tan pouco respectaba a histórica diversidade das Españas.
Faltan moitos, moitísimos, empezando polo propio Murguía e polo propio Valle-Inclán, por citar os dous bos e xenerosos que o Presidente Fraga tratou de traer a Bonaval. Pero os que están son mostra do mellor do galeguismo que, nós, os populares galegos, consideramos patrimonio común, e por elo mesmo, tamén propio. Está a lingua galega, e tamén a castelán. Están as artes e a poesía, pero tamén as ciencias. Están os ideólogos e políticos que, desde distintas concepcións vitais entenderon que o porvenir de Galicia pasaba polo autogoberno dentro dunha España respectuosa coas suas nacionalidades históricas e solidaria con todos os seus cidadáns.
Está o mellor do galeguismo aberto ao resto de España, de Europa, aberto a América e ao mundo; os galegos e galegas que souperon ver ao noso pobo unha das máis fermosas manifestacións da cultura universal.
Pois ben, ante eles reafirmamos co que somos, o compromiso con Galicia, con todos e cada un dos galegos e galegas cos que compartimos unha identidade propia, e que aspiramos a vivir nunha Galicia mellor, nunha España mellor, nunha Europa máis unida, en un mundo máis xusto.
13 comentarios:
Usar el término nacionalidades históricas está alimentando las pretensiones de algunos. Moderar ciertas cosas no necesariamente pasa por ceder.
manda carallo os do pp son galeguistas!! e defenden a diversidade da peninsula, a plurinacionalidade!! e citan a Castelao! os herdeiros dos que o querian ver morto!
que atrevida é a ignorancia.
por apañar votos non paran de dicir parvadas e morden a lingua.. a ver se ides envelenar.
Nacionalidad histórica es un término que está recogido en la Constitución Española y su uso es perfectamente correcto. Otra cosa es autodenominarse nación que conlleva otra serie de aspectos.
Al anónimo ni le respondo. Todavía andamos con heredederos de no se que...
todavia seguides sen rexeitar o franquismo..
Galiza é nación indiscutíbel.
Franco era un dictador y mi total repulsa y condena a las dictaduras. Ya lo he dicho en numerosas ocasiones.
Por outro lado no sei se é dicutible o de nación pero o de Galiza parece semellar que sí é discutible, no eh?
Un saúdo
o pp non chegou ó mesmo e sempre se abstivo parlamentariamente a tal condena.
o problema dos nomes si que se pode discutir( e unha cuestión de preferencias), pero o da nacionalidade galega está claro que non.
Home agora Parlamentariamente non cho podo dicir, pero que houbo moítisimas manifestaciónsde de condea por parte de importante dirixentes as hai.
O que máis precoupa a xente coa que trato e reverdecer unha etapa escura da nosa historia, condeando a uns e ensalzando a outros. Éramos todos irmáns e foi unha auténtica vergonza da nosa historia. Sinceramente creo que coa Constitución de 1978 quedou implícita esa condea por parte de todolos grupos. Pero bueno, que falen os expertos sobre esa cuestión. Eu so coñezo a visión da miña familia, onde meu Pai por exemplo saiu claramente perxudicado cos acontecementos despois de finais da guerra. Pero eso queda na traxedia familiar de cada un.
pois xa cho digo eu, parlamentariamente sempre botou balóns fóra. E históricamente únha república democrática foi arrasada por un exército feixista, sen maniqueísmos hiperbólicos, como ós que estades acostumados.
Nembargantes, parabéns pola túa condena particular lonxe do adoitado polo pp.
en galego , condena.
polo que semella a Feijoo cáenlle paos por doquier, tamén dende o seu partido.
http://www.libertaddigital.com/nacional/feijoo-habla-de-la-doble-nacionalidad-de-los-gallegos-1276335447/
e iso que o galeguismo do Partido Popular é tímido, incrible que nas ringleiras do Partido Popular haxa xente que ataque a Alberto/e Feijoo por FALAR EN GALEGO, joder, algúns están esquizofrénicos de todo.
Libertad Digital, Cope o demás no es el Partido Popular aunuqe haya que repertirlo cientos de veces.
Cuando habla la Cope habla la Cope y cuando habla el Pp habla el Pp. El último Congreso sirvió tb para dejar claro que el Pp se gobierna solo.
Un saúdo
Xa Sísar, pero non me negarás que a xente que resposta nos comentarios, que hai unha chea deles por certo, son xente do Partido Popular e que abertamente o declaran, e danlle paos a Feijoo e tamén a Mariano Rajoy por levalo con el que flipas....
bótalle outra ollada e xa verás
Pd. sei que a COPE non é o Partido Popular, tampouco A nosa terra ou Vieiros son o B.N.G. pero os comentarios alí verquidos poden ser tomados perfectamente como opinións expresadas polos seus afilidados ou simpatizantes, ¿non é certo?
Un saúdo :)
Certo é Breogain. A min góstame centrarme nas persoas, no individuo, intentar homxeneizalas todas é un absurdo.
Respecto os comentarios, a veces vinte nun texto pode parecer que hay miles detrás e moitas veces son os mesmos. Eu tan só podo dicirche que aquí en Pontevedra non existe nadie con esos pensamentos na actual dirección.
Un saúdo
Publicar un comentario