No diga Grazas

Con permiso de Xesús López traiovos este artigo do seu blogue. Sempre defensor do galego, foi pioneiro na radio pontevedresa o ter o primeiro programa en galego nos anos 66 e 67.

Por precisar de recetas da Seguridade Social fixen hoxe unha chamada e pedín vez. ¿Qué pasa?. Que ademáis da música de entrada atendeume unha fémina. "Servizo Galego de Saúde....". Total, ela a falare no galegués saído das normas do Diktatt; eu en castelao, como fago cando me dirixo a alguén da Administración que tenta mostrarme o camiño do "galegués evoluído", ese enxendro saído das normas alóglotas, distantes do idioma real desta nosa terra.

Por certo que agora están a acusaren a Feijóo de recuar no tema do idioma despois do acordo asinado polo PSdeG e BNG do bipartito. Así lles foi por usaren como instrumento ideolóxico o seu galegués afastado do idioma popular. Pero non levan razón. Como xa lle dixen nunha ocasión a Feijóo, se algunha vez quer comunicarse en galego, qu´o faga no galego d´Os Peareas, na fermosa fala da Ribeira Sacra, a que ben conocían a súa avoa, dona Eladia e os seus tíos-avós, Manuel, o home que falaba once linguas, Afonso, o marista, e Jesús López Rodríguez, casado éste cunha tía miña, de apelido López.

Pero volvamos ó galegués do "Servizo" Galego de Saúde. Déronme cita e, despois de rematare, a señorita, ou señora, díxome "grazas" por ter chamado. Aínda me dou tempo pra lle decir: "No diga grazas", "Por qué?, Porque no es gallego, sino un invento de las gentes de Quintana, que así le fue al expresarse en galegués con el horizonte de su Portugaliza como destino".

Agardo unha posible desparasitación da Administración e do galego das normas do Diktatt, a principal causa da ruína da nosa fala e que, por cinguírense a ela, de pena, o bipartito tivo nesa teima un claro soporte prá súa derrota, ademáis das presuntas corrupciós e luxos sabidos.

Non digades nunca "grazas, servizo, Galiza, inimigo, dicir, humidade, gravidade, enfermidade, animais, totais, normais, proxecto, inxección,..." e tantas outras nas que a lingua esgaza, reventa nun mal parto lingüístico.

Etc. etc.

Lembremos. Vicente Risco dixit, ano 1921: "Non soubemos traballar científicamente o leigado cultural de Rosalía e Curros". Éso é o que pasou. E non había que inventare nada, como xa tiña recomendado Sarmiento no século XVIII. "Facede o idioma a partir da fala". O frade recomendaba que nos deixaramos de querencias portuguesas por esta-lo idioma do país irmán fortemente afrancesado. É máis. Afirmaba, máis ou menos: "Collede o diccionario portugués de Bluteau, privádeo das palabras non portuguesas, e vai quedar un puro esquelete.". Algunha razón levaría Sarmiento. Digo.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Que atrevida é a ignorancia, grazas a deus non todo o mundo
ten tan cortas miras como este don Quijote..
Galiza sempre!

Anónimo dijo...

jajajaja
o plural de animal e outras, son un invento do bloque???
hai que estudar máis...

xesús lópez fernández dijo...

César:
Vas ter que desparasita-lo blog de comenarios espúreos de xentiñas que ó mellor ata lles pagan por soltaren paridas.
Soñan co mundo luso-galaico-caboverdiano, etc.
Brasileiro, non, que no Brasil din Galicia, como aquí.Pero eso non-o saben, nen que os idiomas son creaciós sociales e que no galego hai dous grandes bloques de plural prás palabras rematadas en -al: a continental, como en "animás, totás, normás", pronunciado "animáas, totáas, normáas"; e a forma atlántica, máis arcaica, rematada en "ales", "animales, totales, normales", as formas que usaban os nosos clásicos antes da parida das normas do 1983, coa querencia do "ais" eonaviego que non acabou de encastañar e fracturou incluso a psicoloxía do noso idioma.
Despois virían outras idioteces, que no meu blog levo comentado.
Vese que estas "lucernas" non van máis alá do discurso de Quintana, que acaba de suspender. E a xente respira.
Seguro que desconocen a Sarmiento, Rosalía, Curros, Vicente Risco ou Eladio e tantos outros.
Aprenderon, ó mellor, do padioleiro, que ó mellor ten que volver ó seu vello oficio.

Anónimo dijo...

Xesús, que mal leva vostede as críticas da xente...

que non digamos ¿HUMIDADE, PROXECTO, ANIMAIS ??? pero de que fala vostede, o de grazas ten un pase pero o demais é esbardallar e criticar polo mero feito de facelo, que vostede non comulgue cón certos partidos políticos non quita de que teña que respecta-lo noso idioma ¿ ou acaso eu falo ou escribo en portugués no meu blogue?

Menos demagoxia, repito, que non queira dicir Galiza, Servizo ou grazas dacordo, pero non veña con historias de que estamos a falar portugués, é máis, Castelao falaba un galego máis aportuguesado que o noso, non sei de que se queixa.

Polo demais un saúdo a ámbolos dous, a vostede e a César.

Anónimo dijo...

vaia vaia
enton repito:
a terminación animais, normais
e humidade ou inimigo
son inventos dos radicais galeguistas????

jajajajjaj

o problema non é que nos falemos un galego lusista senón que vos estades plagados de castelanismos, pero non pasa nada..

o máis gracioso é convertilo en debate político, os do pp matadesnos coa risa..

Anónimo dijo...

ou falades tamén o español de garcilaso??

xesús lópez fernández dijo...

A Beogaín, dado que escribe con respeto.
Na propia obra de Castelao aprécianse distintos tempos. Tamén no Sempre en Galiza, pra min unha descoberta dos anos sesenta [dispoño dun exemplar da primeira edición], o idioma, según o ten analizado Henrique Monteagudo, vaise aportuguesando na medida na que obra adianta. Por puro diferencialismo o propio, Castelao insire os plurales en "-aes", según ese crítico, cando os portugueses introducen, seguramente, a forma en "-ais" que aquí, nas normas do 83 foi tomada do galego "eonaviego", do que se fala antre os ríos Eo e Navia, en Asturias, seguramente por querencia de Constantino García.
Pero ese "-ais" eonaviego é unha creación social.
En fin, coido que o idioma non se pode encorsetar en normas de laboratorio nen botar man de correctores ortográficos do Diktatt, porque crearíamos un monstruo, como de seu aconteceu.
Aquí pasou o que pasou, que non se tivo respeto co idioma dos ancestros por enenderen os grupos políticos que son eles os que mandan no idioma e na propia e innecesaria RAG que aquí non sabe face-lo que sinala a Academia Española, o seu lema, "limpia, fija y da esplendor".
Preferiría unha Galicia sen RAG, como tampouco os ingleses teñen Academia, dado que o idioma é unha creación da sociedade.
Aquí non se quixo facer caso ó recomendado por Xesús Ferro Ruibal, Franco Grande, Alonso Montero... Este último, precisamente, decía, recomendando prudencia: "Os franceses levan máis de cen anos sen lle tocaren á súa normativa lingüística".
E aquí andamos a toca-lo birimbao coas nosas e a reeditar diccionarios que agora, por eliminación dos grupos cultos, queren chamar "dicionarios", etc.
Eu sigo usando, antre outros dezaseis ou dezasete, o encíclopédico de Eladio Rodríguez. E xa pra rematare: se permanece nos diversos vocabularios a palabra doutor, por qué non outras como o "proyeuto", así escrito, que aparece nun dos dous diccionarios de Marcial Valladares.
Etc. O tema é longo, moi longo. E aquí faltou un debate acougado."Cuxos, xatos, chotos.." No meu blog podes atopar unha entrada coeste nome que entendo aclara algunhas cousas sobre certos usos do idioma.

Anónimo dijo...

O respecto hai que gañalo.Que vostede ben que falta ó escribir: primeiro que si se cobra por comentar, logo que si se descoñece a Rosalía, despois dando leccións enganosas dunha evolución incorrecta do galego. Quen di máis paridas?

Se é por citas podemos citar cen mil.Pero a lingua galega precisaba e precisa unha normalización e seguimento para paliar os anos destructivos e de asoballamento que sufriu, e como é unha lingua viva, pois vive!

e por certo, Rosalía empregaba esas terminacións:

Un-has ansias mortais d´apousar n`el!...

Sísar dijo...

Gz Sempre yo siempreo agradezco los comentarios de todo el mundo aunque no siempre lo diga. Pero los tuyos no son comunmente de agradecer.

El respeto es algo que se tiene, no que se gana. En tal caso se podría perder pero aun así creo que todo el mundo merece respeto, máxime cuando escribe firmando de su puño y letra y no bajo un pseudónimo.

Se podrá estar de acuerdo con sus teorías o no, pero para eso está el debate y la predisposición que ha mostrado al querer compartirlo e interactuar con el que quisiese. Para mí es digo de la mayor alabanza y estoy muy orgulloso de que me preste sus artículos y de que se atreva a debatir con quien lo desee.

Por lo demás yo es una teoría que comparto bastante. El gallego normativo está muy alejado del habla y debería aproximarse más. Ese "falare" que ha utilizado en su artículo Xesús en mi familia se ha utilizado siempre pero practicamente nunca lo he visto escrito.

Estos debates me parecen muy sanos y necesarios, pero siempre alejados de partidismos e influencias medíaticas del momento.

Un saludo