Comentario extraído de El Correo Gallego en donde sospecho quien puede ser por su conocimiento en determinados temas y apuesta por la lengua de nuestros abuelos.
Os galizos queren seguir co uso da patente, co privilexio de modifica-lo idioma, de seguilo derivando cara ó portugués.
Válelles o canto litúrxico: Xa están pisando os nosos pés os teus umbrales, Xerusalén.... Quero decir, Portugaliza. Porque ése é o seu discurso.
As diversas normativas que foron parindo dende o 1970 ou 71 --a máis breve e mellor--, tentaban acabare co idioma galego, cos seus rexistros íntimos, a inventaren palabras noxentas lonxe da creación milenaria deste noso pobo.
"Iso, animais, totais, normais, posíbel, posíbeis, proxecto, hepatite, bronquite, crise, coñecer, inxección", como formas recomendadas que un galegofalante rara vez usa porque son verdadeiros incordios que converten o noso idioma en algo nefasto e sen futuro.
Non sei cómo se ha facer, pero se a Xunta non ten luces, se a RAG sigue coa súa traición permanente embuchando as normas dos "coroneles", a sociedade ten a solución na man: a renuncia ó uso das formas espurias.
Aínda estando Alberto Núñez Feijóo en fase de regresión á súa lingua lar, o idioma que falaba a súa avoa, dona Eladia López Rodríguez, era unha lingua fermosísima, a lingua da Ribeira Sacra d´Os Peares, Ferreira ou Nogueira de Ramuín. E fai ben ó recomendare ós políticos que teñan problemas coa lingua que a aprendan.
Porque hai un problema que ven de longo: Este pobo non está instalado na lingua inventada nos laboratorios da UPG, e renuncia a ela, ó chamado "galegués".
Habería que dinamita-las normas en uso e volver científicamente ó leigado cultural de Rosalía ou Curros, de Cunqueiro ou Fole, de Lousada Diéguez ou Cabanillas.
E dinamitar tamén a Mesa que parece lle está a dar de comer a máis dun comisario político, a máis dun chekista do galegués, ós que tentana conformaren aquí un verdadeiro "ghetto" no que non se fale galego, senón o galegués por eles inventado en tránsito a Portugaliza, ó tempo que lle cambian o nome ó país.

7 comentarios:
Estupendo post
Lamentábel entrada, propia de alguén con graves preconceitos sobre a lingua galega, impropio de quen tan sequera aprobase educación primaria.
A creación dun standard por parte dunha academia parte de métodos científicos, da etimoloxía, das aportacións de outros idiomas (no caso, análise das linguas romances), da selección de palabras o mais extensas posíbeis dentro das coordenadas xeográficas dun idioma, etc.
Non me vale "na miña aldea non se fala así". Acaso en Andalucía, Madrid, Extremadura, Arxentina, México falan "exactamente" baixo as normas que dicta a RAE? En que cabeza cabe non diferenciar entre variedades coloquiais e estándar ou variedades cultas?
No fondo, tedes un complexo de colonizados impresionante, que vos leva a denigrar o galego, poñendo en tea de xuizo todo o que ten que ver con el, mentres que para o español tedes outro raseiro.
Sodes uns españolazos.
As normas do Diktatt estalinista son a causa principal dos problemas creados.
Os idiomas non se inventan en laboratorios nen se poden impoñer dende grupos políticos sectarizados.
O idioma é sempre unha creación social, que nen precisa de Academia, como é o caso do inglés.
Unha cousa é ter unha Academia como a Española, que "limpia, fija y da esplendor" ó que a sociedade vai creando; outra cousa é a imposición dos iluminados que queren reconverti-lo galego en portugués, lingua distinta.
E a sociedade vai cansa de tanta estupidez inducida dende o laboratorio dos "coroneles".
Poñámonos d´acordo pra dinamita-las Normas do Diktatt, acabemos cos correctores ortográficos e deixemos qu´a lingua flúe libre, lixeiramente
Supremacismo lingüístico puro e duro, cabalo de batalla da xenofobia idiomática, é considerar que hai "idiomas de primeira" que deben contar con Academias e outros que , pola contra, e debido á súa inferioridade, deben carecer delas, xa que , por suposto "só valen para ser falados na casa" non para usos formais e institucionalizados.
Toda a batalla galeguista do século XIX e XX , a de darlle esplendor ao noso idioma e pobo, guindada pola borda polos fanáticos neo-españois que viven na Galiza.
Xa o dixemos aprobando o estatuto do 36, dixémolo no exílio e tamén desde o anti-franquismo. O que rexurdiu pouco a pouco desde o 76 non ides ser quen de o destruir tan facilmente.
O galego non se vende! (xa quixerades)
Vexo que non leéche-lo comentario anterior.
O inglés non ten Academia e non-a precisa pra sere unha lingua de primeira.
Por eso aquí, cunha sociedade que non comulga coas denominadas normas do Diktatt estalinista, o idioma aínda se pode recuperare. Esa sociedade sabe que é ela, que foi de sempre a forxadora do idioma notariado por Rosalía e Curros.
Abondaría con que Alberto Núñez Feijóo se reinstalara no galego da Ribeira Sacra de xeito fluído, que falara com´as xentes d´aquela zona no Parlamento pra que a impronta do galegués recuara célere e fuxiran as couzas que están a rilar das subvenciós ou as lucernas ou vermes das canteiras que queren marca-lo camiño do retroluso.
A todo ésto: O término galegués foi creado por un crítico literario que denominaba así ó que falan dos do Bloque, ós que se dirixía soamente en castelao.
Claro, César, que é fácil saber quen escribiu isto, se cadra pode ser outro pero eu aventuro o nome de Xesús López. Sinto que lle deas tanta importancia a unha persoa que nas súas opinións filolóxicas comete moitos erros. Unha por unha rebátolle eu todas as solucións lingüísticas que quere dar por boas fronte a un suposto invento que el chama galegués. Nin os seus popularismos, nin a súa defensa dos plurais, a evolución dos sufixos -tis e -sis gregos, a escolla do demostrativo neutro... todo o que el di defender fronte ao estándar ten cimentos serios. O que defende para a normativa galega podería defendela para o castelán, o que el basea na lingua de Rosalía ou Cabanillas demostra que non coñece as dicións orixinais destes autores... En fin, comentarios de taberna.
joder, que dicir animais, totais, hepatite,iso....¿é molesto? joder, canta ignorancia e desprezo polo idioma, afirmar que a xente non o di porque é molesto e incómodo e é máis doado dicir AUGA, PRIMAVERA, TOTALES, ANIMALES...joder, iso si é non ter amor polo idioma, non tentalo falar ben.
Unha vez máis e Sísar ben o sabe, defendo o meu idioma, non son para nada reintegracionista, se cadra emprego o galego de mínimos, pero non aturo ataques furibundos e gratuitos contra el alegando que queremos facer de Galiza e mailo seu idioma un ghetto, non señores, en troques nós nun futuro serémolo ghetto, si, os que empreguemos o galego seremos bichos raros.
Un sáudo
Publicar un comentario