Victoria dos meus veciños de A Brea

O bipartito marinense por fin da marcha atrás e suprime a súa tozuda idea de instalar un parque empresarial en Seixo, na zona de A Brea, terra dos meus ancestros e onde pasei grandes intres da miña infancia.

Eu, coma toda familia do rural galego que se preste tamén teños mote e pertenzo Os Carteiros, moi coñecidos na Brea e esparcidos por todo-lo mundo. Vin com moita admiración coma eses veciños meus levantáronse contra a incomprensión e sectarismo dunhas persoas que querían destruir unha zona con doceas de muiños e instalar un miniparque empresarial a menos de 200 metros do colexio de Seixo.

Os apollei dende o principio có meu pequeno grano de area neste blog e quero estar presente neste día, no parece que por fin conseguiron que a sensatez volvese a reinar nas mentes dos ideadores dese mini-polígono que non servía para nada, pois Marín necesita un dez veces máis grande que os 100.000 mts cadrados que querían dispoñer na Brea.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Alédome moitísimo desta nova, eu de pequeno vivía en Seixo, e daba mil volta coa miña pequena bici BH na zona da Brea, sorteando regatos, muiños, volvoretas e vacalouras!
Un saúdo!

Sísar dijo...

Vaia!! Moito andiven eu tamén coa bici por alí. Grata sorpresa Luis.

Un saudo