MAGNUM P.I.

CAPÍTULO I
O extraño caso de Michael Yobo.

Hola, meus benqueridos afeccionados granates. O meu nome é Thomas Mágnum, ex marine dos Estados Unidos e investigador privado. Os que estades cerca dos trinta anos lembradérevos de min polas miñas aventuras nos anos 80 en Hawai. A partir de agora, colaborarei co señor Dopazo para proporcionar a todo o granatismo información sobor certas lendas granates.

O outro día, Higgins berrou conmigo por collerlle o Ferrari a Master e cando acabou remitiume unha carta do señor Dopazo na que me pedía encarecidamente que lle proporcionase información sobre Michael Albert Yobo.

Yobo (apodado o “Leon da Sabana”) chegou a Pontevedra en xaneiro do 2005 para apuntalar a defensa dun equipo que se atopaba afundido na cola da segunda división A. Nacera en 1979 en Nixeria e tras o seu paso por varios equipos europeos (Auxerre, Osnabrück, Gazer e Zwolle) e pola selección absoluta do seu pais, convencera o segredario técnico granate co seu 1.85 de estatura e os seus 83 quilos de peso.

Tralos seus primeiros encontros, a bancada granate enamorouse rápido dun futbolista que, se ben era moi limitado técnicamente, aportaba unha grande dose de garra, tesón e contundencia na zaga granate.

Pese ós seus dos goles e pese a unha gran reaccion granate, o Pontevedra baixa de categoría na xornada 41 en Málaga. A xunta directiva dalle a baixa (a petición do xogador) a pesar de ter un ano máis de contrato e nese momento empeza unha viaxe polo mundo que dificulta o seu seguemento.

Na tempada 2005-06 as noticias sobre Yobo son contradictorias. Diversas fontes sitúan a Yobo na segunda división holandesa... outras sitúano na segunda francesa... hai quen di que está sen equipo... e finalmente coméntase que en xaneiro de 2006 podería ter chegado ó Ciempozuelos do grupo madrileño de terceira división. O certo, é que Yobo nesa tempada estivo a proba no Leyton Orient da first división inglesa (proba conseguida polo seu irmán, o internacional nixeriano Joseph Yobo) e tras non pasar esa proba acabou a tempada no Shooting Stars da primeira división nixeriana.

Na tempada 2006-07 asina (agárranse á cadeira) polo PSM Nakassar da primeira división de Indonesia, equipo no que se converte en titular indiscutible. Sen embargo, en xaneiro decide abandonar Indonesia ante o inminente parto da sua fermosa muller (a parella frecuentaba o “Cafelito” na sua estancia en Pontevedra).

Dende xaneiro do 2007 pérdese calqueira rastro de Michael Yobo e ata se sospeita que podería ter abandoado a práctica do fútbol.

Esperando ter solucionado as súas dubidas, despídome de vostede.

Thomas Magnun, P.I..

Postdata: Pido desculpas polas máis que probables faltas de ortografía.

6 comentarios:

Sísar dijo...

Señor Dopazo, estoy abrumado con semejante ejercicio de investigación y metáfora.

Muy mal asesorado este jugador que con Alves en la media provocaron aquella histórica reacción del Pontevedra, en donde nos faltó un par de partidos para salir del pozo (obviando el penoso comportamiento del Cádiz en Pasarón del que no me olvidaré toda mi via a pesar de las simpatías que este equipo tiene por España adelante).

Anónimo dijo...

Home rapaz lembraste poco do señor Magnun porque as suas aventuras trascorrian en Hawaii, un pouco lonxe de Miami.

Un saludiño.

Salvador Dopazo dijo...

Tienes razón anónimo... será la edad que afecta al cerebro.
Gracias por recordarme ese dato.
Lo cambiaré ahora.

Sísar dijo...

Cierto, en Honolulu para ser más exactos

Brugal con Cola dijo...

Fallo garrafal, Yobo, nuestro Yobo, Albert Michael Yobo, no jugó nunca en su selección.

Por cierto que golazo le metiera al Salamanca, jajaja.

Salvador Dopazo dijo...

A ver...
El dato de la internacionalidad de nuestro Yobo (no del hermano) ha sido extraído de una web de futbolistas de nigeria.
En ella, se señala que nuestro Yobo fue internacional en todas las categorías inferiores de la selección nigeriana (también la olímpica) y que por lo menos ha sido convocado para un partido con la absoluta durante su estancia en el Auxerre.
De todos modos, ya sabemos como funciona el fútbol por esos países de Dios, así que puede que no sea un dato muy fiable.
Simplemente decir que ese dato sobre Yobo no ha sido inventado por servidor ni que me he confundido con su hermano (albert Yobo).
De todos modos, gracia spor el comentario.