Moi brevemente sobre o nomeamento está mesma mañán dos novos conselleiros da Xunta Galicia.
Dos 10 nomes hai tres os que levo moito tempo seguindo.
- Alfonso Rueda que estivo por decisión propia o meu lado o día que fun nombrado Presidente de NNXX de Pontevedra e iso é algo que un nunca olvida.
- Agustín Hernández, o que coñecín nun mitín en Salcedo (terra do meu pai) e do que grabei un vídeo que leva subido en YouTube dous meses no que fala da figura de Telmo Martín
Dos 10 nomes hai tres os que levo moito tempo seguindo.
- Alfonso Rueda que estivo por decisión propia o meu lado o día que fun nombrado Presidente de NNXX de Pontevedra e iso é algo que un nunca olvida.
- Agustín Hernández, o que coñecín nun mitín en Salcedo (terra do meu pai) e do que grabei un vídeo que leva subido en YouTube dous meses no que fala da figura de Telmo Martín
- Jesús Vázquez, que foi o deputado nacional que defendeu que se elaborase as fichas de grao e máster para Enxeñería Informática e Enxeñería Técnica en Informática, ao que adiquei no seu día dous posts (1 e 2) con algo de polémica.
Sen duda tres nomeamentos moi acertados. Dexésolle toda a sorte do mundo os 10, xa que o seu éxito será o éxito de tódolos galegos.
5 comentarios:
Da mesma maneira que o meu compañeiro RAE, e non sen antes parabenizarte polo uso da lingua propia de Galiza, vou comentar certos erros ortográficos e léxicos:
*mañán : mañá
*hai tres os que: hai tres aos que
*o meu lado: ao meu lado
*e (conx. cop.): é (forma verbal)
*collecín? : coñecín
*se elaborase a ficha: se elaboraseN as fichas (concordancia)
*Enxeñería: Enxeñaría
*duda: dúbida
*dexésolle: deséxolle
E logo dubidades de que sexa preciso incrementar as horas de galego no ensino. País, país!
Dereito á ignorancia? Caíde da burra.
Graciañas polo comentario e teu tempo RAG.
Ti debes estar a falare do galego normativo, o dos as institucións. Eu dende fai un tempo uso o que escoito e que a miña familia usou toda a vida. Recoméndote que leas a Xesús López que foi o primeiro que tivo unha radi en galego en Pontevedra. http://xesuslopez.blogspot.com/
Non obstante sí que puxen mal o "é" o "coñecín" (esta foi unha errata). Do resto van como van e non deixa de ser curioso que utilizando o pseudónimo da RAG logo utilices o termo Galiza o non Galicia.
Un sáudo.
Ben, iso está moi na liña da consideración do galego como unha lingua dialectal e familiar, e por tanto, carente de codificación formal que a poida homologar a idiomas oficias ou de prestixio.
En resumidas contas é tratar o galego como unha lingua de pouca categoría, con pouco prestixio, que da igual como se fale ou escreba, porque total... para idioma oficial e universal xa temos o "español", que ese sí que hai que escrebelo con correción e sen chatas...
Estou en contra de supremacismos ou de consideracións de que uns idiomas están por riba doutros seguindo unha especie de "escala natural". O galego, goste ou non, ten unha codificación propia (ILG-RAG) e outra internacional baixo a forma de portugués. Esas son as 2 formas que presitixian o idioma e que habemos usar. Unha persoa con siso e adulta coma ti debería comprendelo...
Sendo claros, isto ven a evidenciar claramente o fracaso do modelo de "bilingüismo harmónico": os alumnos non só saen do instituto sen papa de galego, se non que o consideran como de segunda categoría.
Claro, a solución é restar horas ao galego, como propoñedes agora. Demencial.
pd: a RAG acepta Galiza, consulta as NOMIG. (tal e como se recuperou o xentilicio "galego", xa que antes era común falar de "gallego", nós tentamos recuperar o topónimo galego xenuino).
Moitas conclusión extraes por usar no meu blogue o galego da miña familia. O galego para ser universal debe respetar a lingua do pobo.
Eu non entrarei en maís discusión con este tema porque isto debería unirnos. O topónimo xenuino é Galicia inda que respeto que penses o contrario.
Aínda hoxe reparei nunhas declaraciós do novo conselleiro de Cultura. Naturalmente, reafírmase no uso de Galicia, que é o nome consolidado socialmente e recomendado como único oficial pola RAG.
Pero esa ladilla chamada RAG, porque creen que así teñen máis razón, ten unha moi fácil solución: a desparasitación.
Certo que debe prevalecer mañán, como masculino, pero mañá como femenino. Así, diremos "mañán pola mañá". Aínda que no galego atlántico é común o uso das terminaciós en -án pra masculino e femenino: o irmán, a irmán, pola contra das formas continentales/continentáas: irmao, irmau, irmá; castelao, casteláa (así pronunciado), fuxindo das formas cortantes como cotiá, castelá. (ese -a final é longo, case doble).
A lingua está ferida con moitos lusismos que marcan incluso a fala dos escritores; a do propio Méndez Ferrín que o novo conselleiro de Cultura lee. Fíxate, Méndez Ferrín, que comezou a falare galego comigo, alá polos anos 1953/4, do que nun dos últimos posts deixo o recado da "actitude suicida de Carballo Calero ó marchare cara ó portugués".
Formas como "artigo, iso, coñecer, posuir, concorrer, consellaría" son claros lusismos. E deben prevalecer:
artículo, porque decimos "articular, articulista, articulado, articulación", como lembraban Lugrís Freire ou Eladio Rodríguez.
iso non deixa de ser un dialectalismo en certas zonas, sendo máis xeral o uso de "eso, esa", según Xesús Ferro Ruibal.
Coñecer é outro portuguesismo, que non se recolle no diccionario de Constantino García, trabballo de campo sobre máis de corenta entidades de poboación. Hai catro entradas de "conocer", unha de "coñocer", seguramente porque lle proía no sitio a certa filóloga.
Posuir. Un claro e inadmisible portuguesismo según Eladio Rodríguez. Enténdese que lle guste ós RAGs, Cesáreos ou Lores.
Concorrer. Máis do mesmo, aínda que haxe persoas que cheguen pronunciar algo parecido.
Consellaría. Dialectalismo de Lugo riando con Asturias-León. O PSOE tiña consellerías, o Bloque Consellarías. En Pontevedra, o PSOE ten concellerías ou concellarías; o Bloque ten Concellarías. etc.
Publicar un comentario